Sede electrónica Concello de Cariño

13:14:56 Luns 7 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicacion previa de obra de adecuación de local para actividade

Con carácter previo ao inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración Municipal os seus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos esixibles para o inicio da obra ou instalación.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio das obras, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
Logo de rematar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa de Obra de adecuación de local para actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o interesado coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.).
  • Proxecto técnico ou Memoria técnica das obras de adaptación que se van a realizar, asinado por técnico competente, incluíndo planos de situación e deslinde, plantas alzados e seccións do local e xustificación do cumprimento das Esixencias Básicas do Código Técnico da Edificación. O proxecto ou memoria deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido.
  • Proxecto técnico da actividade e das instalacións (ou Memoria no caso de instalacións de pequena entidade).
  • Copia das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • Oficio de dirección das obras, ou de seguimento de obra no caso de memoria.
  • Reportaxe fotográfica do local, fachadas e interior do local, subscrita pola persoa solicitante e polo redactor do proxecto.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) do redactor asinante no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite a súa competencia e que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • No caso de edificacións en situación de fóra de ordenación de carácter temporal, renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación.
  • No caso de edificacións situadas no ámbitos do Casco Vello ou núcleo rural, Memoria xustificativa do cumprimento das condicións estéticas e de adaptación ao entorno que establece o PXOM e restante normativa.

SE A ACTIVIDADE ESTÁ SUXEITA A PROCEDEMENTO PREVIO DE AVALIACIÓN DE INCIDENCIA AMBIENTAL

  • Declaración de incidencia ambiental.
  • Copia do proxecto do obra ou actividade asinada por técnico/a competente.
  • Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre coa normativa técnica de aplicación.

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS OU MEMORIAS:

  • Requerirán a presentación de proxecto técnico as actividades coas seguintes características (do contrario presentarase memoria técnica):
    • As de pública concorrencia, independentemente da superficie.
    • As de superficie maior de 100 m2 ou que a ocupación, calculada de acordo co CTE, sexa superior a 50 persoas.
    • Os locais de risco especial superior a risco baixo.
    • Aqueles usos ou actividades nas que sexa esixible o proxecto por normativa sectorial.
  • Os proxectos virán asinados por técnico titulado competente, e as memorias poderán ser asinadas por titulado competente non universitario.
  • Terminadas as obras presentarase certificado de dirección de obra para os proxectos, ou informe de seguimento de obra, no caso de memorias, así como boletíns de alta das instalacións. Segundo os casos poderán esixirse certificados técnicos expresos de solidez, protección contra incendios, illamento acústico, etc.

 

 

  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación Previa de Obra de Adecuación de Local para Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.