A transparencia ademais de dotar á cidadanía dun sistema de control, coñecemento e vixilancia sobre a actividade das administracións públicas e os seus entes dependentes, facilita a participación cotiá dos cidadáns nas cuestións de interese xeral, alicerce básico do noso bloque de constitucionalidade, artigos 9.2 e 23.1 da Constitución Española, e de normas internacionais de obrigada referencia neste ámbito como a Declaración Universal de Dereitos Humanos, artigo 21.1, o pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, artigo 25.a ou a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ten un triplo alcance: incrementa e reforza a transparencia na actividade pública–, recoñece e garante o acceso á información –regulado como un dereito de amplo ámbito subxectivo e obxectivo– e establece as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos así como as consecuencias xurídicas derivadas do seu incumprimento –o que se converte nunha esixencia de responsabilidade para todos os que desenvolven actividades de relevancia pública–. Nestas tres vertentes, a Lei supón un importante avance na materia e establece uns estándares homologables aos do resto de democracias consolidadas.
Ordenanza municipal de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos
Solicitude de acceso á información Pública
Información Institucional Organizativa e de Planificación
Información de Relevancia Xurídica
Información Económica, Orzamentaria e Estatística
Convenios
Recoñecementos de Compatibilidade
Declaración de Bens e Actividades dos Representantes Públicos
Enlaces Relacionados