Sede electrónica Concello de Cariño

06:16:11 Martes 29 de novembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades de conciliación

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto das presentes bases “Concilia Cariño Nadal 2022-2023” consistirá en establecer as pautas para a selección da poboación destinataria do presente programa.

O campamento desenvolverase no CEIP Manuel Fraga Iribarne entre os días 26 de decembro de 2022 e 5 de xaneiro de 2023. O horario será de 10 a 14 horas, de luns a venres. Ofertarase un servizo de acollida entre as 9.30 e as 10 da mañá e de recollida de 14 a 14.30 horas.

Prazo de solicitude dende o 16 ata o 25 de novembro (incluídos).

Campamento Urbán de Conciliación, para nen@s entre 3 e 12 anos.

  • Solicitude asinada.
  • Declaración responsable COVID–19.
  • Fotocopia dos DNI das persoas autorizadas para a entrega e recollida.
  • Fotocopia do DNI do/a menor.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor.
  • Fotocopia do libro de familia ou número de rexistro dixital.
  • No caso de ter certificado de discapacidade, copia do mesmo.
  • Documento acreditativo da situación laboral ou de estar realizando formación regrada para o emprego (cabeceira da nómina, xustificante pago autónomos, vida laboral, etc...). Para acreditar a situación descrita no punto 7,a); presentarase declaración responsable acreditativa na que se indique o horario laboral de ambos proxenitores.
  • No caso de separación/divorcio entre os pais, copia da mesma para acreditar o réxime de custodia.
  • Certificado ou informe do empregador acreditativo de que alomenos un dos proxenitores está traballando en Cariño ou declaración responsable. (No caso de atoparse nalgunha das situación descritas no punto 6).

A comprobación do empadroamento no Concello de Cariño farase de oficio polos servizos municipais, excepto que non se autorice esta, en cuxo caso deberá acompañarse á solicitude.

Nome: Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.